Prazas dispoñibles
Axuda mensual
Sectores estratéxicos
Intinerarios docentes
Programas de formación certificada
cunha axuda de 350€/mes para cada participante
cunha axuda de 350€/mes para cada participante
Inscríbete xa para non quedar sen a túa praza!
Que é “Ponte en marcha!”?
Un programa de emprego xuvenil que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago. Desenvolveranse 19 itinerarios de formación encadrados en 8 sectores estratéxicos.
Canto durará?
O programa vaise a desenrolar no período 2017-2018. A duración, dependendo de cada curso, pode oscilar entre 300 e 630 horas lectivas, incluíndo as que corresponden a prácticas en empresas.
Como me inscribo?
Se cumpres os requisitos para participar e estás interesado, podes rexistrarte e facer a túa preinscrición premendo aquí.
Sectores estratéxicos de formación
A quen vai dirixido?
Ás mozas e mozos entre os 16 e os 29 anos, desempregadas/os, e que non estean integradas/os nos sistemas de educación ou formación. O programa ofertará 323 prazas con asignación prioritaria para os empadroados en Santiago, das que unha alta porcentaxe serán de preferencia para mulleres. Ademais, resérvanse varias prazas para participantes con discapacidade, migrantes de orixe estranxeira ou poboación xitana.
Que requisitos preciso?
Procuramos mellorar a túa formación e reforzar as túas habilidades. Cómpre sinalar que cada itinerario formativo ten diferentes requisitos de estudos mínimos. Haberá: 2 itinerarios do nivel 1, isto é, para mozos/as que non teñen a ESO; 7 itinerarios do nivel 2, para mozos/as coa ESO ou equivalente; e 10 itinerarios do nivel 3, para mozos/as co Bacharelato ou equivalente.