Hoxe dous de marzo cúmprense seis meses dende que rematamos o itinerario formativo: desenvolvemento de proxectos de automatismo industrial. Dos sete participantes que o finalizaron, catro conseguiron traballo durante este  período de tempo.   Trescentas setenta horas de formación, nas que  os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para desenrolar proxectos de instalacións de potencia eléctrica, regulación e control, robots, manipuladores, comunicadores e equipos de transmisión para sistemas de automatismo industrial, a partir de condicións dadas, conseguindo os criterios de calidade en condicións de seguridade, respecto medioambiental,  cumprindo a normativa vixente.

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade en postos ou ocupacións relacionados con ocupacións de:

  • Proxectista de sistemas de control de automatización industrial
  • Proxectista de sistemas de medida e regularización de automatización industrial
  • Proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatismo industrial
  • Programador/a-controlador/a de robots industriais
  • Técnico en deseño de sistemas de control eléctrico
  • Deseñador/a de circuítos e sistemas integrados de automatización industrial.
  • Encargado/a de empresas que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal    O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil