O catorce de decembro rematamos o derradeiro itinerario  formativo do programa Mocidade con Emprego.. En total realizamos dezanove itinerarios formativos dende setembro de dous mil dezasete. Nos que impartimos seis mil setecentas cincuenta horas de formación específica e mil duascentas corenta horas de formación transversal

Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para xestionar o uso eficiente da enerxía, avaliando a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, colaborando no proceso de certificación enerxética de edificios, determinando a viabilidade de implantación de instalacións solares, promocionando o uso eficiente da enerxía e realizando propostas de mellora, coa calidade esixida, cumprindo a normativa vixente e en condicións de seguridade.

Dende o dez de setembro ate o catorce de decembro recibiron duascentas sesenta horas  de formación específica, nas que se impartiron os seguintes módulos:

  • Eficiencia no uso da auga en edificios
  • Promoción do uso eficiente da enerxía
  • Estudio de viabilidade de instalacións solares

A maiores recibiron cen horas de formación transversal en inglés, informática, xestión empresarial e fomento da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade durante oitenta horas de prácticas profesionais non laborais

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos  postos ou ocupacións :

  • Xestor/a enerxético
  • Promotor/a de programas de eficiencia enerxética
  • Técnico de eficiencia enerxética de edificios

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil