O itinerario formativo de “Operacións de estacións de tratamento de augas” ten 600 horas de duración e desenvolverase do 20 de xullo ao 22 de novembro de 2018. O obxectivo é capacitar profesionalmente ás 17 participantes na competencia xeral de operar, manter e verificar o funcionamento de equipos, procesos unitarios e instalacións de estacións de tratamento e depuración da auga.

Este itinerario, da familia profesional da Seguridade e o Medio Ambiente, inclúe 460 horas de formación específica, 80 horas de prácticas non laborais en empresas do sector e 60 horas de formación transversal e complementaria como informática, inglés e fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.