Ponte en marcha! Hostalaría e Turismo

Conscientes da importación das prácticas profesionais non laborais, no programa Mocidade con Emprego realizamos 1610 horas de prácticas.e contactamos con mais de 100 empresas , firmando 102  convenios de prácticas con empresas de acollida.

Por un lado, a formación para o emprego debe desenvolverse en contextos profesionais reais e ser moi práctica para que sexa unha formación eficaz. (Tal e como sinala Orlando Fontán profesor/titor do Programa). Ademais, unha gran porcentaxe de empresas soamente contratan a profesionais que coñecen, ben porque realizaron previamente algunha estadía de prácticas o ben porque teñen as referencias doutros empresarios/as.

Polo que as prácticas profesionais non laborais  cumpren con esa dobre función:

  • Mellorar a cualificación profesional
  • Crear unha rede de contactos coas empresas. Como di a alumna Tatiana Dono “darse a coñecer”.

Por parte da empresa, a admisión de alumnos/as en prácticas supón coñecer e testar a profesionais do sector de cara a enriquecer a súa bolsa de profesionais, porque como di Alejandro Martínez  (director dunha das empresas de acollida de prácticas) o persoal é a base sobre a que se edifica unha empresa. Contar con bos, boas profesionais é fundamental. Ademais da formación e as destrezas, os/as empresarios/as requiren que o/a profesional posúa as actitudes adecuadas. Estas actitudes, como di Alejandro Martínez, son as que teñen en conta para contratar ou non a unha persoa. Durante o período de prácticas, o/a empresario/a ten a oportunidade de avaliar estas actitudes a demais dos coñecementos e desempeño de destrezas da persoa en prácticas.

No programa en Liña có emprego, podes escoitar estas e outras reflexión sobre o Prgama Mocidade con Emprego. Nel,  unha alumna (Tatiana Dono),  un docente/titor (Orlando Fontán) e unha das empresas de acollida de alumnos en prácticas falan da importancia de realizar prácticas profesionais non laborais e avalían o seu paso polo Programa Mocidade con Emprego.  Preme na seguinte ligazón si queres escoitar o programa:

https://www.ivoox.com/programa-mocidade-emprego-audios-mp3_rf_30754011_1.html

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil