En xuño do 2013 entrou en vigor unha Directiva Europea que obriga a dispoñer dun certificado enerxético  dos inmobles para alugalos ou vendelos, para facer posible esa certificación enerxética e preciso facer unha Avaliación da Eficiencia Enerxética das Instalacións de Edificios.

Por iso , dende o vinte e dous de maio, estamos a cualificar profesionalmente a dezasete mozos e mozas para que adquiran as competencias requiridas para traballar neste sector.

Para acadar esta cualificación profesional é imprescindible a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector. Onde o alumnado poida aplicar os coñecementos e desenvolver as destrezas adquiridas durante as trescentas horas de formación teórico-práctica recibidas no itinerario formativo de Avaliación da Eficiencia Enerxética nas Instalacións de Edificios

Polo cal, trece mozos e mozas durante cento vinte horas  horas, de prácticas, dende o  tres de setembro ata o vinte e un de setembro farán as seguintes tarefas:

  • Cálculos da eficiencia enerxética en instalacións térmicas
  • Calificación enerxética de edificios residenciais
  • Integración e comunicación no centro de traballo

As empresas de acollida son: Novagal (Alberto Sampedro Martínez), Camino y Germil Técnicos Asociados, S.L. (C&G Técnicos Asociados) ,Consultores e informadores locales, S.L.  e Teula Sistemas SL.

Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un  no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.

Por outro lado, durante a realización das prácticas póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil