O vinte e seis de setembro sete alumnos/as remataron a súa cualificación profesional neste itinerario de Xestión de repoboación forestais e tratamentos silvícolas
Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para programar e organizar as actividades necesarias para a repoboación forestal, a corrección hidrolóxica forestal, e a realización de tratamentos silvícolas, así como coordinar os recursos humanos, e materiais dispoñibles cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e respetando o medio natural.
Dende o seis de xuño ate o vinte e seis de setembro recibiron catrocentas vinte horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:
- Realizar operacións topográficas en traballos de agricultura, xardinería e montes.
- Xestionar as operacións de repoboación forestal, e de corección hidrolóxico-forestal.
- Xestionar os tratamentos silvícolas
A maiores recibiron cincuenta horas en inglés, informática e fomento da igualdade entre homes e mulleres.
O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade.
Poderán profesionalmente exercer a súa actividade en postos ou ocupacións relacionados con ocupacións de:
- Encargado de empresas de repoboacións
- Encargado de empresas que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal
- Práctico/a en traballos de topografía
- Encargado/a de empresas que realicen tratamentos silvícolas
- Encargado/a de empresas que realicen traballos de construcción e mantemento de camiños forestais
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil