O oito de marzo cumpríronse os seis meses dende o remate deste itinerario formativo no que dezasete mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para montar e manter sistemas domóticos e inmóticos, aplicando as técnicas e procedementos requiridos en cada caso , conseguindo os criterios de calidade, cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e medioambientais da empresa, e a normativa de aplicación vixente.
Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos postos ou ocupacións :
- Instalador/a domótico de vivendas.
- Instalador/a inmótico de edificios
- Técnico de mantemento de sistemas domóticos e inmóticos.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil