Dezaseis mozos e mozas comezan o vinte e oito de febreiro un novo itinerario formativo: Atención ao cliente, consumidor/a ou usuario/a.

Este itinerario ten por obxecto capacitar profesionalmente ao alumnado para xestionar e executar os plans de atención ao cliente, consumidor/a ou usuario/a de bens e servizos, de acordo coa normativa e lexislación vixente en materia de consumo, os procedementos establecidos e as especificacións recibidas.

Ao rematar as cincocentas horas de formación teórico-práctica acadarán as competencias precisas para o desenvolvemento dos postos de: encargado da área de atención ao cliente en comercios, empregados/as administrativos/as con tarefas de atención ao público, técnicos/as de consumo, técnico de información atención ao cliente en empresas, técnico de consumo.

A maiores nos tres itinerarios impartirase formación complementaria de cara a mellora das competencias nas novas tecnoloxías e nas linguas estranxeiras.

Dentro deste itinerarios formativos, tanto transversalmente como complementariamente, fomentarase a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil