Hoxe rematamos un novo itinerario formativo: desenvolvemento de proxectos de automatismo industrial. Trescentas setenta horas que se suman as catro mil duascentas oitenta horas de formación específica impartidas ate agora nos quince itinerarios formativos rematados

Neste itinerario,  os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para desenrolar proxectos de instalacións de potencia eléctrica, regulación e control, robots, manipuladores, comunicadores e equipos de transmisión para sistemas de automatismo industrial, a partir de condicións dadas, conseguindo os criterios de calidade en condicións de seguridade, respecto medioambiental,  cumprindo a normativa vixente.

Dende o dezaoito de xuño  ate un de outubro recibiron trescentas setenta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:

  • Desenvolvemento de proxectos de sistemas de control para procesos secuenciais en sistemas de automatización industrial
  • Desenvolvemento de proxectos de sistemas de medida e regulación en sistemas de automatización industrial

A maiores recibiron setenta horas en inglés,  informática e fomento da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade.

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade en postos ou ocupacións relacionados con ocupacións de:

  • Proxectista de sistemas de control de automatización industrial
  • Proxectista de sistemas de medida e regularización de automatización industrial
  • Proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatismo industrial
  • Programador/a-controlador/a de robots industriais
  • Técnico en deseño de sistemas de control eléctrico
  • Deseñador/a de circuítos e sistemas integrados de automatización industrial.
  • Encargado/a de empresas que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil