Hoxe comeza o itinerario de formación “Xestión de residuos urbanos e industriais”, da familia profesional  de seguridade e medio ambiente, no marco do Plan Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con Emprego”.

Os mozos e mozas seleccionados/as, dende o vinte de agosto ate o vinte e un de novembro, recibirán unha ampla formación para obter os coñecementos necesarios para recoller, transportar, valorizar e eliminar residuos urbanos e industriais.

Ademais, para completar as súas competencias profesionais, recibirán formación transversal en linguas estranxeiras, novas tecnoloxías e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Tamén durante a súa etapa de formación, farán cento vinte horas de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector en Santiago e a súa comarca.

Con este, xa son dezaoito os itinerarios formativos que temos comezados. Soamente que o itinerario de Eficiencia no uso da auga en edificios, viabilidade de instalacións solares e promoción do uso eficiente da enerxía. Está previsto que comece o un de setembro. Nestes momentos estamos coa selección do alumnado. Polo que si estás interesado/a, PONTE EN MARCHA¡ e inscríbete na nosa web.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil