Dende o Programa Mocidade con Emprego realizáronse mil seiscentas dez horas de prácticas profesionais non laborais. Este catorce de novembro de dous mil dezaoito comeza un novo módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario de Eficiencia no uso da auga en edificios, viabilidade de instalacións solares, promoción do uso eficiente da enerxía.

Para acadar a cualificación profesional é imprescindible a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector. Onde o alumnado poida aplicar os coñecementos e desenvolver as destrezas adquiridas durante as trescentas horas de formación teórico-práctica recibidas no itinerario formativo de Avaliación da Eficiencia Enerxética nas Instalacións de Edificios

Polo cal, sete mozos e mozas durante cento vinte horas  horas, de prácticas, dende o  catorce de novembro ate o cinco de decembro de dous mil dezaoito farán as seguintes tarefas:

  • Cálculos da eficiencia enerxética en instalacións térmicas
  • Calificación enerxética de edificios residenciais
  • Integración e comunicación no centro de traballo

As empresas de acollida son: Martín Campos Canabal (Estrafón), Camino y Germil Técnicos Asociados, S.L. (C&G Técnicos Asociados) ,Consultores e informadores locales, S.L.  e Teula Sistemas SL.

Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un  no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.

Por outro lado, durante a realización das prácticas póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil