Ponte en marcha! Hostalaría e Turismo

No programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego  comezamos con dous novos itinerarios: “Actividades auxiliares de almacén” e “Recepción de aloxamento”  En total foron seleccionados trinta e catro mozos e mozas.

O itinerario de Actividades auxiliares de almacén, impartirase dende o dous de maio ate o seis de xullo e  ten por obxecto capacitar profesionalmente ao alumnado para realizar actividades auxiliares de almacén, recepción, desconsolidación, ubicación básica, preparación, e expedición de cargas e descargas, de forma coordinada ou en equipo, baixo a supervisión dun responsable, seguindo as instruccións recibidas, e aplicando os procedementos e equipos adecuados, respetando a normativa de seguridade, saúde e prevención de riscos..

No itinerario formativo de “Recepción de aloxamentos,” dende o día tres de maio ate o trinta de xullo ,cualificarase profesionalmente as persoas participantes para xestionar o departamento de recepción, de acordo coa planificación xeral do establecemento de aloxamentos, desenvolvendo e asegurando a correcta prestación dos servizos que lles son propios e a execución de accións comerciais.

En total durante oitocentas oitenta horas traballaremos con estes trinta e catro mozos e mozas para acadar a mellora da súa empregabilidade e a maiores nos dous itinerarios impartirase formación complementaria en  novas tecnoloxías e en linguas estranxeiras.

Dentro destes itinerarios formativos, tanto transversalmente como complementariamente, fomentarase a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil