Hoxe comezan dous novos itinerarios formativos parar mellorar a cualificación profesional da mocidade co obxectivo de favorecer a súa inserción profesional: “Xestión comercial de vendas” e o de “Avaliación da eficiencia enerxética de instalacións de edificios”.

O curso de “Xestión comercial de vendas” ten unha duración de 610 horas, que se corresponden co respectivo certificado de profesionalidade que se recoller no  RD 1694/2011, de 18 de novembro. A acción formativa desenvolverase do 22 de maio até o 25 de setembro do 2018. O obxectivo deste itinerario  é capacitar profesionalmente ás participantes para a competencia xeral de organizar, realizar e controlar as operacións comerciais en contacto directo cos clientes ou a través de tecnoloxías da información e da comunicación utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa, coordinando ao equipo comercial e supervisando as accións de promoción, difusión e venda de produtos e servizos.

Por outra parte, no itinerario do sector enerxético impartiranse as 300 horas do Módulo Formativo de Avaliación da eficiencia enerxética das instalacións de edificios (MF1194_3), que fai parte do certificado de profesionalidade (ENA358_3) Eficiencia enerxética de edificios (RD 1968/2007, de 14 de decembro de 2007). A acción formativa desenvolverase do 22 de maio até o 28 de agosto de 2018. O obxectivo deste itinerario é capacitar profesionalmente ás participantes para a competencia xeral de xestionar o uso eficiente da enerxía, avaliando a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, colaborando no proceso de certificación enerxética de edificios, determinando a viabilidade de implantación de instalacións solares, promocionando o uso eficiente da enerxía e realizando propostas de mellora, coa calidade esixida, cumprindo a regulamentación vixente e en condicións de seguridade.

Ambos os dous itinerarios inclúen prácticas profesionais non laborais en empresas dos respectivos sectores económicos. No itinerario de eficiencia enerxética as prácticas serán de 120 horas e no de xestión comercial de vendas de 80 horas.

Ademais os itinerarios inclúen formación transversal en ámbitos como a informática, o inglés e o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil