Estas mozas e mozos acadaron as competencias profesionais en xestión do uso eficiente da enerxía avaliando a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, colaborando no proceso de certificación enerxética de edificios, determinando a viabilidade de implantación de instalacións solares, promocionando o uso eficiente da enerxía e realizando propostas de mellora, coa calidade esixida, cumprindo a regulamentación vixente e en condicións de seguridade.

Dende o vintedous de maio  estiveron a participar no itinerario formativo de Avaliación da eficiencia enerxética das instalacións de edificios, no que recibiron cincocentas horas de formación   das cales  420 foron específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:

  • Eficiencia enerxética nas instalacións de calefaccións e ACS nos edificios.
  • Eficiencia enerxética nas instalacións de climatización nos edificios.
  • Eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación interior e alumeado exterior.
  • Mantemento e mellora das instalacións nos edificios.

Oitenta horas foron de formación en lingua estranxeira, informática, xestión empresarial e de fomento da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade.

Poderá profesionalmente exercer a súa actividade en sectores enerxéticos, tanto no ámbito  da montaxe, explotación e o mantemento entre outros.

O s postos ou ocupacións estarán relacionados con ocupacións de:

  • Xestor/a enerxético/a.
  • Promotor de programas de eficiencia enerxética.
  • Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
  • Técnico de eficiencia enerxética de edificios.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil