Catorce mozos e mozas acadaron as competencias profesionais en procesos de certificación enerxética de edificios . Dende o dezasete de novembro estiveron a participar no itinerario formativo de Certificación enerxética, no que recibiron duascentas corenta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:
- Edificación e eficiencia enerxética nos edificios
- Calificación enerxética dos edificios
- Programas informáticos na eficiencia enerxética en edificios
O obxectivo do itinerario formativo de Certificación enerxética foi dotar ao alumnado das competencias precisas para o desempeño dos postos de: xestor/a enerxético/a, promotor/a de programas de eficiencia enerxética, axudante de procesos de certificación enerxética, técnico de eficiencia enerxética de edificios (segundo o nivel de estudos do/a alumno/a)
Estamos levando a cabo a selección de participantes para novos itinerarios formativos do sector da loxística e turismo. Inscríbete na nosa web e PONTE EN MARCHA¡
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil