O alumnado do itinerario de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” finalizou a súa formación neste ámbito profesional. Foron 530 horas de formación nun curso que se desenvolveu do 18 de decembro de 2017 ao 13 de abril de 2018.

As persoas participantes adquiriron as competencias requiridas para traballar, no ámbito público ou privado, en centros ou equipamentos que presten servizos de atención sociosanitaria: centros residenciais, centros de día, etc. As participantes poderán desenvolver a súa actividade profesional no sector de prestación de servizos sociais a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente en institucións de carácter social.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.