O alumnado do itinerario de “Recepción en aloxamentos” finalizou hoxe a súa formación. Desde o comezo do curso, o 3 de abril de 2018, as participantes foron adquirindo as competencias e destrezas necesarias para xestionar un departamento de recepción, de acordo coa planificación xeral do establecemento de aloxamento, desenvolvendo e asegurando a correcta prestación dos servizos que lle son propios e a execución de accións comerciais.

O curso tivo unha duración de 540 horas e incluíu os seguintes módulos formativos: accións comerciais e reservas; recepción e atención ao cliente; inglés profesional para o turismo; prácticas non laborais en empresas do sector; traballo en equipo; a informática na xestión hostaleira; e o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Por outra parte, logo comezará un novo itinerario de xestión de residuos urbanos e industriais, polo que animamos a todas as persoas interesadas a que se inscriban o antes posible nesta web!