Vén de finalizar o itinerario de “Atención ao cliente, consumidor ou usuario”, de 460 horas de duración, que se desenvolveu do 28 de febreiro ao 13 de xuño de 2018.

Finalmente foron once as persoas participantes que completaron todos os módulos formativos da especialidade: Información e atención ao cliente /consumidor / usuario; Xestión de queixas e reclamacións en materia de consumo;  Organización de un sistema de información de consumo;  Inglés profesional para actividades comerciais; Prácticas profesionais non laborais;  Programas informáticos de xestión de bases de datos; Criterios de calidade nas relacións co cliente;  Fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

As persoas participantes adquiriron as competencias requiridas para traballar en todos os sectores produtivos na área de información e orientación ao consumidor/usuario de bens e servizos, así como nos departamentos de atención ao cliente.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.