No programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego comezamos con dous novos itinerarios: “Xestión de Aloxamento Rural” e “Desenvolvemento de Proxectos de Sistemas de Automatización Industrial”
O itinerario de Xestión de Aloxamento Rural , impartirase dende o 18 de maio ate o 15 de outubro e ten por obxecto capacitar profesionalmente ao alumnado para xestionar e comercializar aloxamentos rurais, de modo que se consigan os obxectivos económicos e de calidade establecidos, prestar os servizos básicos de aloxamento, restauración e información e asegurar o bo estado das instalacións, respectando as normas e prácticas de seguridade e hixiene e de protección ambiental.
O itinerario formativo de “Desenvolvemento de proxectos de Automatización Industrial,” impartirase dende o día 18 de xuño ate o 1 de outubro ,cualificarase profesionalmente as persoas participantes para desenvolver proxectos de instalacións de potencia eléctrica, regulación e control, robots, manipuladores, comunicacións e equipos de transmisión para sistemas de automatización industrial, a partir de condicións dadas, conseguindo os criterios de calidade en condicións de seguridade, respecto ambiental, e cumprindo a normativa vixente.
En total impartiranse 1090 horas de formación tanto específica como transversal para acadar a mellora da súa empregabilidade. A formación complementaria nos dous itinerarios será en novas tecnoloxías e en linguas estranxeiras.
Dentro destes itinerarios formativos, tanto transversalmente como complementariamente, fomentarase a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
PONTE EN MARCHA¡ e inscríbete na nosa web. En breve comenzaremos a seleccionar mozos e mozas para os itinerarios de: montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmótico, operacións de estacións de tratamento de augas e xestión de residuos urbanos e industriais.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil