Finaliza un novo itinerario

O catorce de decembro rematamos o derradeiro itinerario  formativo do programa Mocidade con Emprego.. En total realizamos dezanove itinerarios formativos dende setembro de dous mil dezasete. Nos que impartimos seis mil setecentas cincuenta horas de formación específica e mil duascentas corenta horas de formación transversal

Visita a exposición En negro contra as violencias

O alumnado do itinerario Xestión de residuos urbanos e industriais, acompañado pola docente do módulo de Fomento de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, visitou a exposición itinerante sobre as violencias machistas que se pode visitar dende o 16 ata o 26 de novembro. A exposición está patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa.

O alumnado do itinerario Operacións de estacións de tratamento de augas rematou a súa cualificación profesional

O vinte e dous de novembro rematamos un novo itinerario . En total xa levamos impartidas seis mil catrocentas noventa horas de formación específica, mil cento corenta horas de formación transversal e mil catrocentas noventa horas de prácticas profesionais non laborais.

Rematamos un novo itinerario formativo: Xestión de residuos urbanos e industriais

O vinte e un de novembro  oito mozos/as rematan un novo  itinerario formativo: Xestión de residuos urbanos e industriais. Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para recoller, transportar, valorizar e eliminar os residuos urbanos e industriais

Comezamos un novo período de prácticas profesionais non laborais

Dende o Programa Mocidade con Emprego realizáronse mil seiscentas dez horas de prácticas profesionais non laborais. Este catorce de novembro de dous mil dezaoito comeza un novo módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario de Eficiencia no uso da auga en edificios, viabilidade de instalacións solares, promoción do uso eficiente da enerxía.

Trece alumnos/as remataron o itinerario formativo Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmódicos

O oito de novembro trece mozos/as rematan un novo  itineraio formativo: Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmódicos.

Once alumnos/as comezarán o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario de Operacións de estacións de tratamento de augas

Mañá 6 de novembro comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais do itinerario “Operacións de estacións de tratamento de augas”. Once alumnos/as realizarán este módulo de prácticas

O alumnado de xestión de residuos urbanos e industriaisl completa a súa cualificación profesional coa realización de cento vinte horas de prácticas.

O día 15 de outubro dará comenzo o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario de Xestión de residuos urbanos e industriais.

O alumnado do curso de xestión de aloxamento rual rematan a súa cualificación profesional o 15 de outubro.

Neste itinerario os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para xestión e comercialización de servizos propios do aloxamento rual, xestión e realización  do servizo de recepción en aloxamentos propios de entornos e/ou naturais, preparación e servizo de almorzos, elaboracións culinarios sinxelas e pratos significativos da zona e todo axustándose as normas de seguridade, hixiene […]

O alumnado de montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos completa a súa cualificación profesional coa realización de cento vinte horas de prácticas profesionais non laborais

Dende o día catro ate o vinte e cinco de outubro, nove alumnos/as realizarán o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos