Vinte e seis mozos e mozas remataron a súa cualificación profesional nos eidos do comercio e a hostalaría.

Acaban de finalizar dous dos cinco itinerarios formativos iniciados. En total invertéronse setecentas trinta horas para mellorar a cualificación profesional de trinta e catro mozos e mozas nos sectores do comercio e turismo.

Vinte e nove mozos e mozas completan a súa cualificación profesional facendo prácticas en empresas do sector do comercio e da certificación enerxética de edificios

O un de febreiro, comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais en dous novos  itinerarios formativos: actividades auxiliares de almacén e certificación enerxética de edificios.

Ponte en marcha! Hostalaría e Turismo

PONSE EN MARCHA o módulo de prácticas profesionais no itinerario Xestión do departamento área de aloxamentos

Santiago, 21 de xaneiro de 2018.  Doce alumnos e alumnas comezan mañá o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Xestión do Departamento da área de aloxamentos.

O programa “Mocidade con emprego” PONSE EN MARCHA

Santiago, 15 Novembro 2017.  O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con emprego” ponse en marcha. Este xoves, 16 de novembro, comezarán tres itinerarios formativos dos dezanove previstos.