Este quince de xaneiro cúmprense seis meses dende o remate do itinerario de “Recepción en aloxamentos” finalizou hoxe a súa formación. Doce dos/as mozos/as participantes atoparon traballo neste período, oito mulleres e catro homes. Os/as participantes foron adquirindo as competencias e destrezas necesarias para xestionar un departamento de recepción, de acordo coa planificación xeral do establecemento de aloxamento, desenvolvendo e asegurando a correcta prestación dos servizos que lle son propios e a execución de accións comerciais.

O curso tivo unha duración de 540 horas e incluíu os seguintes módulos formativos: accións comerciais e reservas; recepción e atención ao cliente; inglés profesional para o turismo; prácticas non laborais en empresas do sector; traballo en equipo; a informática na xestión hostaleira; e o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil