Vén de finalizar o itinerario de “Agricultura ecolóxica e e-commerce”, de 600 horas de duración, que se desenvolveu do 4 de maio ao 6 de setembro de 2018.

As persoas participantes adquiriron as competencias necesarias para realizar as operacións de manexo, mantemento, produción e recolección de cultivos nunha explotación agrícola ecolóxica, aplicando criterios de calidade, sustentabilidade e rendabilidade, cumprindo coa lexislación de agricultura ecolóxica, de control de calidade e de prevención de riscos laborais vixentes requiridas; en definitiva, aquelas habilidades e destrezas necesarias para traballar no sector.

O alumado adquiriu as aprendizaxes necesarias para esa capacitación profesional ao longo de todos os módulos formativos impartidos: manexo do solo, operacións de cultivo e recolección en explotacións ecolóxicas; mecanización e instalacións agrarias; prevención e manexo da sanidade do agroecosistema; prácticas profesionais non laborais en empresas do sector; inglés básico para a atención ao público; xestión empresarial e tramitación de subvencións; internet como escaparate dixital; fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.