Hoxe finalizou o itinerario formativo de “Actividades auxiliares de almacén. Desde o 2 maio, data en que comezou o curso, o alumnado tirou proveito dos contidos teórico-prácticos do curso para adquirir as competencias e destrezas necesarias para traballar en almacéns, na realización de diversas operacións auxiliares de recepción, colocación, preparación de cargas e descargas.

No curso, que tivo unha duración de 300 horas, abordáronse os seguintes módulos formativos: operacións auxiliares de almacenaxe; preparación de pedidos; manipulación de cargas con carretas elevadoras; prácticas en empresas; inglés básico para o sector loxístico; programas informáticos para a xestión de almacéns; habilidades sociais e traballo en equipo; e fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.