Xa levamos realizadas mais de novecentas horas de prácticas profesionais non laborais. O día catro de setembro, realizaremos oitenta horas mais.. Ese día comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Desenvolvemento de proxectos de automatización industrial
Para a realización das prácticas contactáronse con moitas empresas do sector, finalmente asináronse convenios de colaboración con DALP INGENIERÍA Y AUTOMATIZACIÓN SL,.GESTIÓN DEL VALOR Y SOLUCIONES SL, SISTEMAS AUVIOVISUALES ITELSIS SL, MANTENGO MANTENIMIENTO Y SERVICIO SL, FEIRACO LÁCTEOS SL
Durante 80 horas o alumnado desenvolverán os seguintes contidos:
- Esquemas, croquis e planos dos sistemas de automatización industrial
- Unidades de obra, ofertas e presupuestos.
- Programación dos sistemas de control.
- Documentación e manuais de mantemento dos sistemas de automatización industrial.
- Configuración de sistemas HMI e programación de SCADAS Deseño e configuración e programación de interfaces gráficos.
- Integración e comunicación no centro de traballo.
Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.
A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil