Dende o día catro ate o vinte e cinco de outubro, nove alumnos/as realizarán o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos

Para a realización das prácticas contactáronse con moitas empresas do sector, finalmente asináronse convenios de colaboración con: Seguridade A1 S.L., Sistemas audiovisuales ITELSIS S.L., Electricidad Esturao S.L.; Sirtelco S.L., Centro técnico Astyco S.L., Alterna instalaciones S.L., Electrónica Seoane,

Durante cento vinte horas o alumnado desenvolverán os seguintes contidos:

  • Documentación e normativa para o montaxe e instalación dos sistemas domóticos e inmóticos Procesos de compra de mobiliario, equipo e aprovisionamento de consumos.
  • Riscos xerais e a súa prevención Integración e comunicación no centro de traballo.
  • Medios, equipos e técnicas de seguridade empregadas na montaxe e mantenimento de sistemas domóticos e inmóticos

Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un  no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.

A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil