O curso de “Organización e xestión de almacéns”, de 450 horas de duración, desenvolveuse do 2 de maio ao 8 de agosto de 2018. Finalmente foron 10 os alumnos/as que completaron un itinerario que incluía os seguintes módulos formativos: organización de almacéns; xestión de operacións de almacenaxe; optimización da cadea loxística; prácticas profesionais non laborais en empresas do sector; inglés para profesionais do sector loxístico; programas informáticos para a xestión de almacéns; fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Coa realización deste itinerario teórico-práctico os alumnos/as adquiriron as competencias necesarias para organizar e controlar operacións e fluxos de mercancías de almacén, de acordo cos procedementos establecidos e a normativa vixente, asegurando a calidade e optimización da rede de almacéns e/ou cadea loxística; en definitiva, os coñecementos e destrezas necesarias paras desenvolver unha carreira profesional no sector.