As participantes no itinerario formativo de “Recepción en aloxamentos” realizarán o módulo de prácticas en empresa do 29 de xuño ao 19 de xullo de 2018. Con estas prácticas procúrase que poidan aplicar en empresas do sector as aprendizaxes adquiridas durante o curso. Ademais a participación nas prácticas enténdese como a mellor carta de presentación posible do alumnado de cara a unha posible inserción laboral.

Serán trece os alumnos/as que se distribuirán nas seguintes empresas coas que se asinaron convenios de colaboración: Ruhe Hoteles, S.L.; Gescaho, S.L.; Hostal dos Reis Católicos; Promociones Turísticas Jacobeas S.A.; Hotel A Tafona do Peregrino; Lorygar, S.L.; Geriatros, S.A.U.;  Hotelera Noroeste, S.A.; Curro Bead and Food, S.L.; Torres de Compostela, S.A.; e Villasenín, S.A.

Todos os alumnos/as terán un seguimento personalizado, tanto polo titor/a no centro de traballo designado pola empresa como polo titor/a do propio programa Mocidade con Emprego; a avaliación será continua e desenvolverase de xeito coordinado entre ambos os titores/as para garantir o mellor aproveitamento posible das prácticas por parte do alumnado. Durante o período de prácticas o alumnado integrarase no centro de traballo realizando tarefas como: xestión de reservas de habitacións; técnicas de comunicación e atención ao cliente; xestión da información e uso de aplicacións informáticas de recepción; xestión de cobros e facturación de servizos; comunicación en inglés estándar; etc.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.