Xa levamos realizadas mais de novecentas horas de prácticas profesionais non laborais. O día vinte de setembro, comezaremos corenta horas mais.. Ese día comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Xestión de Aloxamento Rural

Para a realización das prácticas contactáronse con moitas empresas do sector, finalmente asináronse convenios de colaboración con CASA RURAL OS VILARES, CASA GRANDE DE CORNIDE,  ALSOMATE SL “A CASA DA TORRE BRANCA”, HOTEL RESTAURANTE O PINO SL,  PROMOTORA DE HOSTELERÍA GALLEGA SL “HOTEL CONGRESO”, LORYGAR SL “HOTEL A QUINTA DA AUGA”, PALETIÑOS SL “CASA DE AMANCIO”

Durante 40 horas o alumnado desenvolverán os seguintes contidos:

  • Propostas de adaptación do edificio utilizando proxectos-tipo reais.
  • Procesos de compra de mobiliario, equipo e aprovisionamiento de consumos.
  • Procesos de reserva e recepción do aloxamento rural.
  • Integración e comunicación no centro de traballo.

Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un  no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.

A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil