O día 15 de outubro dará comenzo o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario de Xestión de residuos urbanos e industriais.
Para a realización das prácticas contactáronse con moitas empresas do sector, finalmente asináronse convenios de colaboración con Gago hierros y metales S.L., COGAMI reciclado de Galicia S.L. _COREGAL_, Georecovering S.L., Teimas desenvolvemento S.L., Xestión Galega Ambiental e Loxística – XESGAL- S.L., Compostela Inserta EIL ,
Durante 120 horas o alumnado desenvolverán os seguintes contidos:
- Operacións para a recollida e transporte de residuos urbanos ou municipais inertes
- Operacións para o tratamento de residuos urbanos ou municipais inertes.
- Operacións para a caracterización de residuos industriais
- Operacións para a xestión de residuos industriales
- Aplicación de medidas de seguridade e saude
- Integración e comunicación no centro de traballo.
Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.
A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil