Neste itinerario os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para xestión e comercialización de servizos propios do aloxamento rual, xestión e realización  do servizo de recepción en aloxamentos propios de entornos e/ou naturais, preparación e servizo de almorzos, elaboracións culinarios sinxelas e pratos significativos da zona e todo axustándose as normas de seguridade, hixiene e protección ambiental en hostalaría.

Dende o dezaoito de xuño  ate o dezanove de setembro recibiron catrocentas cincuenta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:

  • Proxectos de implantación do aloxamento rural.
  • Aprovisionamento, control de custes e xestión do aloxamento rural.
  • Promoción e comercialización do aloxamento rural.
  • Recepción e atención ó cliente en aloxamentos propios de contornas rurais.
  • Xestión gastronómica en aloxamentos situados en contornas rurais e/ou naturais.
  • Servizo de restauración en aloxamentos rurais situados en contornas rurais e/ou naturais.
  • Seguridade, hixiene e protección ambientan en hostalaría.

A maiores recibiron oitenta horas en  informática, xestión empresarial e tramitación de subvencións e inglés para atención ó público así como formación en igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade realizando  prácticas en empresas do sector.

O seu ámbito profesional desenvolverase en aloxamentos turísticos situados en entornas rurais, como casas oo apartamentos, albergues e hoteis rurais, ou outros establecementos de semellante natureza, como propietario que xestiona, presta o servizo ou asegura  a súa prestación, ou como empregado cualificado que realiza  as súas funcións baixo aa dependencia do propietario ou superior xerárquico correspondente. Nos sectores productivos da hostalería e, especialmente, no subsector de aloxamento turístico no medio rural, aínda que tamén poden cubicarse en sectores tales como o educativo ou en de servizos sociais, en cuxo marco se engloban determinados tipos de aloxamentos rurais non turísticos.

As súas ocupacións serán relacionáranse coa Xestión de aloxamentos rurais así como empregados/as de hostalería rural.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.