Do 30 de maio ao 5 de xuño de 2018 o alumnado de “Atención ao cliente, consumidor ou usurario” realizará prácticas formativas non laborais en empresas do sector comercio e de atención ao cliente.
Para este módulo de prácticas, que consta dun total de 40 horas, contactouse cun grupo amplo de empresas, tendo en conta tamén as preferencias e os perfís do propio alumnado. Finalmente asináronse convenios de colaboración coas seguintes empresas en que se desenvolverán as prácticas: Media Markt Santiago, S.A.; Casa Piocheur Spain, S.A.; Xestoría Alicia Gestal Patiño; Forbe Multimedia, S.L.; Alcampo, S.A.U.; A Pousada do Peregrino; El Corte Inglés, S.A.; Hispania de Prevención y Gestión, S.L.; y Casa de los Lentes, S.A.
As prácticas son un medio ideal para que o alumnado tome contacto directo co mercado laboral e desenvolva as competencias adquiridas no período teórico-práctico do curso. Ademais, nese período o alumnado contará tanto cun titor/a no propio centro de traballo (designado pola empresa receptora) como cun titor/a do propio programa Mocidade con Emprego, de modo que se realice un seguimento e unha avaliación conxunta, coordinada e continua de cada alumno/a. Por outra parte aposta en contacto de alumnos/as e empresas a través das prácticas facilita o coñecemento mutuo, o que incrementa as posibilidades de inserción laboral.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil.