O vinte e dous de novembro rematamos un novo itinerario . En total xa levamos impartidas seis mil catrocentas noventa horas de formación específica, mil cento corenta horas de formación transversal e mil catrocentas noventa horas de prácticas profesionais non laborais.

Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para operar, manter e verificar o funcionamento de equipos, procesos unitarios, e instalacións de estacións de tratamento e depuración da auga.

Dende o vinte de xullo ate o vinte e dous de novembro recibiron catrocentas sesenta horas  de formación específica, nas que se impartiron os seguintes módulos:

  • Depuración de augas residuais
  • Tratamento da auga potable
  • Análise da auga potable e residual
  • Mantemento preventivo de equipos e procesos de plantas de tratamento da auga e plantas depuradoras
  • Reparación de equipos mecánicos e eléctricos de plantas de tratamento de auga e plantas Depuradoras
  • Mantemento do entorno de plantas de tratamento de augas e plantas depuradoras

A maiores recibiron sesenta horas de formación transversal en inglés, informática e fomento da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade durante oitenta horas de prácticas profesionais non laborais

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos  postos ou ocupacións :

  • Operador/a de planta de tratamento de augas residuais
  • Técnico/a de planta de tratamento de augas residuais
  • Operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil