Santiago, 15 Novembro 2017.  O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con emprego” ponse en marcha. Este xoves, 16 de novembro, comezarán tres itinerarios formativos dos dezanove previstos.

Comezamos cós itinerarios de: “Actividades auxiliares de comercio” “Certificación enerxética de edificios” e “Xestión do departamento da área de aloxamento”  En total foron seleccionados cincuenta e unha persoas , das cales o cincuenta e seis por cento son mulleres.

O itinerario de Actividades auxiliares de comercio ten por obxecto capacitar profesionalmente ao alumnado para realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda e reparto de proximidade, seguindo instrucións  e criterios establecidos, empregando o equipo preciso, respectando as normas de seguridade e saúde e prestando, no caso preciso, atención e información protocolarizada e estruturada, ao cliente no punto de venda ou no servizo de reparto de proximidade.

A finalidade do itinerario formativo de “Certificación enerxética” é capacitar profesionalmente ás participantes para a elaboración de certificacións enerxéticas de edificios, colaborando na: comprobación de que os parámetros construtivos dun edificio satisfagan as condicións legais mínimas establecidas para limitar a súa demanda enerxética, empregando os programas informáticos homologados para tal fin; cualificación enerxética de edificios, en proxecto ou construídos, atendendo á metodoloxía establecida pola normativa empregando os programas informáticos homologados para tal fin; elaboración da documentación relacionada coa planificación e xestión administrativa no proceso de certificación enerxética de edificios

No itinerario formativo de “Xestión do departamento da área de aloxamentos” cualificarase profesionalmente as persoas participantes para xestionar o departamento de recepción, de acordo coa planificación xeral do establecemento de aloxamentos, desenvolvendo e asegurando a correcta prestación dos servizos que lles son propios e a execución de accións comerciais.

A maiores nos tres itinerarios impartirase formación complementaria de cara a mellora das competencias nas novas tecnoloxías e nas linguas estranxeiras.

Dentro deste itinerarios formativos, tanto transversalmente como complementariamente, fomentarase a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil