O oito de xaneiro transcurriron seis meses dende a finalización do itinerario de organización e xestión de almacéns. Neste período oito persoas participantes (cinco mozos e tres mozas) pudieron traballar en diferentes empresas. Algunhas das cales foron as empresas onde realizaron a fase de prácticas.

O curso de “Organización e xestión de almacéns”, de 450 horas de duración, desenvolveuse do 2 de maio ao 8 de agosto de 2018..

Coa realización deste itinerario teórico-práctico os alumnos/as adquiriron as competencias necesarias para organizar e controlar operacións e fluxos de mercancías de almacén, de acordo cos procedementos establecidos e a normativa vixente, asegurando a calidade e optimización da rede de almacéns e/ou cadea loxística; en definitiva, os coñecementos e destrezas necesarias paras desenvolver unha carreira profesional no sector.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil