Mañá 6 de novembro comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais do itinerario “Operacións de estacións de tratamento de augas”. Once alumnos/as realizarán este módulo de prácticas

Neste caso as empresas, entidades de acollida son: Concello de Teo e Viaqua S.A.U.

Durante 80 horas, dende o día 06 ao 19 de novembro, o alumnado desenvolverá os seguintes contidos:

  1. Toma de mostras para a análise da agua
  2. Reciclado de augas depuradas

3.Mantenimiento de equipos

  1. Integración e comunicación no centro de traballo

Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un  no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.

A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil