Orientación Laboral

No marco das actividades de orientación e intermediación laboral para a busca de emprego do Mocidade con Emprego, as persoas participantes tedes acceso nesta sección a diferentes ofertas e oportunidades laborais. Estas informacións son froito da prospección do mercado laboral a nivel local e galego en dous niveis:

  1. Consulta e recompilación de ofertas publicadas en diferentes medios (xornais, redes sociais, portais de emprego, portais de empresa, etc).
  2. Prospección e xestión directa de ofertas de emprego. Este traballo implica: prospección de empresas e ofertas; contacto coa empresa, acordo para a xestión da oferta e recollida de datos do perfil solicitado; publicación da oferta e revisión dos currículums das persoas participantes interesadas que cumpran co perfil para seu envío é empresa.

Esta intermediación laboral desénvolvese de modo complementario ao labor de seguimento e da orientación laboral á que tedes acceso de forma permamente como participantes do programa, sendo posible establecer o contacto a través do propio aplicativo web (accedendo co voso usuario), dos correos electrónicos do persoal técnico, do teléfono ou de forma presencial na oficina.