A porcentaxe de persoas maiores de sesenta e cinco anos e cada vez maior. Isto fai que este sector sexa considerado como un novo nicho de emprego. Por elo, dende o dezaoito de decembro, estamos a cualificar profesionalmente a dezasete mozos e mozas para que adquiran as competencias requiridas para traballar neste sector.

Para acadar esta cualificación profesional é imprescindible a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector. Onde o alumnado poida aplicar os coñecementos e desenvolver as destrezas adquiridas durante as trescentas setenta horas de formación teórico-práctica recibidas no itinerario formativo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.

Polo cal, trece mozos e mozas durante oitenta horas, de prácticas, dende o dous au trece de abril, farán as seguintes tarefas:

  • Desenvolver intervencións dirixidas as actividades da vida diaria do usuario, colaborando na mellora e/ou mantemento da súa autonomía.
  • Comunicarse coas persoas do equipo interdisciplinar, de acordo as canles establecidos pola institución..
  • Realizar o aseo das persoas dependentes, respetando a orde e a hixiene do seu entorno
  • Desenrolar as habilidades de apoio a inxesta do usuario, de acordo as prescricións dadas
  • Efectuar a limpeza e desinfección dos materiais de uso común
  • Administrar medicamentos polas diferentes vías (oral, rectal o tópica
  • Acompañar aos usuarios no marco das súas actividades dentro da institución
  • Aplicar as técnicas de comunicación para así favorecer as relacións sociais dos usuarios con problemas de comunicación

As empresas de acollida son: Quavitae Servicios Asistenciales S.A.U., Geriatros S.A.U. e Residencia Servisenior Santiago.

Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un  no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.

Por outro lado, durante a realización das prácticas póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil