Ponte en marcha! Loxística
Ponte en marcha! Agricultura ecolóxica

No programa Mocidade con Emprego xa temos en marcha sete itinerarios e na primeira semana de maio comezaremos outros dous: Organización e xestión de almacén e Agricultura ecolóxica e ecomerce. Mil cincuenta horas de formación teórico práctica  durante as cales o alumnado mellorará a súa empregabilidade .

O itinerario de Organización e xestión de almacéns impartirase dende o dous de maio ate o oito de agosto. Durante catrocentas cincuenta horas de formación teórico-práctica capacitarase profesionalmente ao alumnado para organizar e controlar as operacións e fluxos de mercadorías do almacén, de acordo cós procedementos establecidos e a normativa vixente asegurando a calidade e optimización da rede de almacéns e/ou cadea loxística.

A finalidade do itinerario formativo de “Agricultura ecolóxica e ecomerce” é capacitar profesionalmente ás persoas participantes para realizar as operacións de manexo, mantemento, produción e recolección de cultivos nunha explotación agrícola ecolóxica, aplicando criterios de calidade e rentabilidade, cumprindo coa lexislación de agricultura ecolóxica, de control de calidade e de prevención de riscos laborais. Para elo empregaranse seiscentas horas de formación teórico-práctica. Así o itinerario comezará o día catro de maio e rematará o día seis de setembro.

A maiores nos dous itinerarios impartirase formación complementaria de cara a mellora das competencias nas novas tecnoloxías e nas linguas estranxeiras.

Dentro deste itinerarios formativos, tanto transversalmente como complementariamente, fomentarase a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil