Ponte en marcha! Atención socio-sanitaria
Ponte en marcha! E-commerce

Santiago, 15 decembro 2017.  O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con emprego” pon en marcha dous novos itinerarios formativos.

Este dezaoito de decembro comezan os itinerarios formativos: “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións” e “Actividades de venda e ecomerce”

A finalidade do itinerario formativo de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións” é capacitar profesionalmente ás persoas participantes para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente, e os procedementos para manter e mellorar as súa autonomía persoal e as súas relacións có entorno”

No itinerario formativo de “Actividades de venda e ecomerce” cualificarase profesionalmente as persoas participantes para executar as actividades de venda de produtos e/ou servizos a través dos diferentes canles de comercialización establecendo relacións có cliente da maneira mais satisfactoria, alcanzando os obxectivos propostos pola organización e establecendo vínculos que propicien a fidelización do cliente.

A maiores nos dous itinerarios impartirase formación complementaria de cara a mellora das competencias nas novas tecnoloxías e nas linguas estranxeiras.

Dentro deste itinerarios formativos, tanto transversalmente como complementariamente, fomentarase a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Está previsto que proximamente comecen novos itinerarios PONTE EN MARCHA e inscríbete na web ponteenmarcha.gal e si queres mais información contacta cós técnicos do programa chamando ao teléfono 981543060.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil