Santiago, 21 de xaneiro de 2018. Doce alumnos e alumnas comezan mañá o módulo de prácticas profesionais non laborais no itinerario formativo Xestión do Departamento da área de aloxamentos.
Para a realización das prácticas contactáronse con máis de cincuenta empresas do sector, finalmente asináronse convenios de colaboración con nove empresas do sector: Villasenín S.A., Bubela Hoteles S.L.; Promociones turísticas Jacobeas S.A.; NH Hotels España S.A, Rahid S.A, Ruhe hoteles S.L., Torres de Compostela S.A, Lorygar S.L., S.C. Galicia Hoteñs S.L.
Durante 120 horas o alumnado desenvolverán os seguintes contidos:
- Xestión de reservas de habitacións e servizos propios de establecementos de aloxamentos.
- Técnicas de comunicación aplicadas á venda e a atención ao cliente en establecementos de aloxamento
- Xestión da información e o emprego de aplicacións informáticas específicas de recepción.
- Xestión de cobros e facturación de servizos propios de establecementos de aloxamento
- Definición de plans para áreas e departamentos de aloxamento
- Emprego do servizo de seguridade propio de establecementos de hospedaxe
- Dirección e integración de persoal en departamentos da área de aloxamento
- Controis de calidade en departamentos da área de aloxamento
- Comunicación en inglés estándar en situacións propias dos servizos turísticos.
- Integración e comunicación no centro de traballo
Durante o período de prácticas o alumnado contará con dous titores/as: un no centro de traballo. E outro titor no programa Mocidade con Emprego que traballará conxuntamente co/a titor/a da empresa no seu seguimento e avaliación.
A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil