O vinte e un de novembro  oito mozos/as rematan un novo  itinerario formativo: Xestión de residuos urbanos e industriais.

Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para recoller, transportar, valorizar e eliminar os residuos urbanos e industriais

Dende o vinte de agosto ate o once de outubro recibiron duascentas setenta horas  de formación específica, nas que se impartiron os seguintes módulos:

  • Xestión de residuos urbanos
  • Xestión de residuos industriais
  • Seguridade e saúde

A maiores recibiron oitenta horas de formación transversal en inglés, informática, habilidades sociais e fomento da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade durante cento vinte horas de prácticas profesionais non laborais

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos  postos ou ocupacións :

  • Operador/a de instalacións de tratamento e eliminación de residuos
  • Operador/a de planta de tratamento de residuos sólidos urbanos
  • Operador/a de planta de tratamento de residuos forestais, agrícolas e industriais
  • Recolledor/a de lixo.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil