O vinte e cinco de xaneiro transcurriron seis meses dende a finalización do itinerario: Xestión comercial de vendas. Durante este período atoparon traballo seis profesionais formados neste itineraio, dous dos cales foron mulleres.

Neste itinerario os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para organizar, realizar e controlar as operacións comerciais en contacto directo có clientes ou a través de tecnoloxías da información e/ou comunicación, empregando en caso preciso, a lingua inglesa, coordinando o equipo comercial e supervisando as accións de promoción, difusión e venda de produtos e servizos.

Dende o vintedous de maio  ate o vinte e cinco de setembro recibiron cincocentas trinta horas de formación específica, nas que se impartiron os seguintes contidos:

  • Organización comercial
  • Xestión da forza de vendas e equipos comerciais
  • Operacións de venda
  • Promocións en espazos comerciais
  • Inglés profesional para actividades comerciais

A maiores recibiron oitenta horas en  informática e de fomento da igualdade entre homes e mulleres.

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade en sectores comerciais, en postos ou ocupacións relacionados con ocupacións de:

  • Vendedores técnicos/as en xearl
  • Axentes comerciais
  • Representantes de comercio
  • Encargados de tenda
  • Xefe/a de vendas
  • Coordinador/a comercial
  • Supervisor de telemarketing

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil