O día 21/02/2019 cumpríronse seis meses da finalización do itinerario Avaliación da Eficiencia Enerxética das Instalacións de edificios. Durante este período seis participantes atoparon traballo, dos cales catro son mulleres. Estas mozas e mozos acadaron as competencias profesionais en xestión do uso eficiente da enerxía avaliando a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, colaborando no proceso de certificación enerxética de edificios, determinando a viabilidade de implantación de instalacións solares, promocionando o uso eficiente da enerxía e realizando propostas de mellora, coa calidade esixida, cumprindo a regulamentación vixente e en condicións de seguridade. Poderán profesionalmente exercer a súa actividade en sectores enerxéticos, tanto no ámbito da montaxe, explotación e o mantemento entre outros.
O s postos ou ocupacións estarán relacionados con ocupacións de:
- Xestor/a enerxético/a.
- Promotor de programas de eficiencia enerxética.
- Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
- Técnico de eficiencia enerxética de edificios.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil