O oito de novembro trece mozos/as rematan un novo  itineraio formativo: Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmódicos.

Os/as mozas e mozos acadaron as competencias profesionais para montar e manter sistemas domóticos e inmóticos, aplicando as técnicas e procedementos requiridos en cada caso , conseguindo os criterios de calidade, cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e medioambientais da empresa, e a normativa de aplicación vixente.

Dende o vinte de xullo ate o 8 de outubro recibiron trescentas sesenta horas  de formación específica, nas que se impartiron os seguintes módulos:

  • Montaxe de sistemas domóticos e inmóticos.
  • Mantemento de sistemas domóticos e inmóticos

A maiores recibiron sesenta horas en inglés,  informática e fomento da igualdade entre homes e mulleres.

O alumnado ademais da formación tivo a oportunidade de participar nunha contorna real de traballo mellorando a súa empregabilidade durante cento vinte horas de prácticas profesionais non laborais

Poderán profesionalmente exercer a súa actividade nos  postos ou ocupacións :

  • Instalador/a domótico de vivendas.
  • Instalador/a inmótico de edificios
  • Técnico de mantemento de sistemas domóticos e inmóticos.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil