O un de febreiro, comeza o módulo de prácticas profesionais non laborais en dous novos itinerarios formativos: actividades auxiliares de almacén e certificación enerxética de edificios.
O alumnado do itinerario formativo de actividades auxiliares de comercio fará 40 horas de prácticvas nas que desenvolverá os seguintes contidos:
- Operacións auxiliares de reposición, disposición e acondicionamento de produtos no punto de venda.
- Preparación de pedidos, clasificando e seleccionando as mercadorías.
- Manipulación e traslado de produtos na superficie comercial, utilizando equipos móbiles de traballo.
- Atención operativa, estruturada e protocolarizada ao cliente
- .Integración e comunicación no centro de traballo
Para elo, contactouse con mais de trinta empresas do sector. Firmándose convenios de colaboración de prácticas coas empresas: Vego Supermercados S.A:U., Alcampo S.A.U., Centros Comerciales Carrefour S.A., Ecomas Supermercados S.L.. Que acolleron a 14 mozos e mozas para que realizasen o módulo de prácticas profesionais non laborais en postos de caixeiro/a e repoñedor/a.
No itinerario de certificación enerxética de edificios os mozos e mozas participantes durante 120 horas levarán a cabo as seguintes tarefas:
- Identificar as características construtivas do edificio.
- Identificar as características técnicas e de rendemento das instalacións enerxéticas renovables.
- Identificar as características técnicas e de rendemento das instalacións enerxéticas convencionais.
- Revisar a calificación enerxética dun edificio residencial.
- Cálculo do índice de calificación enerxética dun edificio residencial.
- Revisar a acreditación enerxética dun edificio residencial
Estas tarefas desenvolveranas nas seguintes empresas: Novagal, AFV Arquitecto, CP Arquitectura y Urbanismo S.L.P; Camino y Germil Técnicos Asociados, S.L.; e cós profesionais do sector: Gilberto Rodríguez Rodríguez e Carlos Landeira Caamaño
A finalidade do módulo de prácticas profesionais e dobre: por un lado o alumnado pon en marcha nun entorno real de traballo os coñecementos e destrezas adquiridas durante a formación teórico-práctica, mellorando así a súa cualificación profesional. Por outro lado, póñense en contacto a traballadores/as demandantes de emprego con empresarios/as do sector, aumentando as posibilidades de inserción laboral dos mozos e mozas participantes.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil