Acaban de finalizar dous dos cinco itinerarios formativos iniciados. En total invertéronse setecentas trinta horas para mellorar a cualificación profesional de trinta e catro mozos e mozas nos sectores do comercio e turismo.

Así dende o dezasete de novembro de dous mil dezasete ate o sete de febreiro de dous mil dezaoito levouse a cabo o itinerario de actividades auxiliares de comercio no que se impartiron as seguintes unidades de competencia:

  • Operacións auxiliares no punto de venda
  • Preparación de pedidos
  • Manipulación e movementos con transpalés e carretillas de man
  • Atención básica ao cliente

En total duascentas trinta horas de formación específica e oitenta horas de formación transversal en idiomas, inglés e fomento da igualdade. A maiores, o alumnado realizou corenta horas de prácticas. Ao finalizar, catorce mozos e mozas acadaron as competencias profesionais para poder desempeñas os postos de: auxiliar dependente de comercio, caixeiro/a, repoñedor/a, repartidor/a…

Tamén doce mozos e mozas acadaron as competencias requiridas para o desempeño dos postos de: xefe/a de recepción, encargado/a de comunicacións, xefe/a de reservas, coordinador/a de calidade, promotor/a turística, recepcionista de hotel. Para elo, dende o dezasete de novembro de dous mil dezasete ate o doce de febreiro de dous mil dezaoito participaron no itinerario formativo de xestión do departamento da área de aloxamento, no que se impartiron trescentas oitenta horas nas seguintes unidades formativas:

  • Procesos de xestión de departamentos da área de aloxamento
  • Procesos de xestión de calidade en hostalería e turismo
  • Inglés profesional para o turismo

En breve está previsto o inicio de novos itinerarios, comezamos o día vinte e oito de febreiro có itinerario formativo de atención ao cliente, consumidor ou usuario. PONTE EN MARCHA e inscríbete na nosa web.

O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil