O alumnado do itinerario Xestión de residuos urbanos e industriais, acompañado pola docente do módulo de Fomento de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, visitou a exposición itinerante sobre as violencias machistas que se pode visitar dende o 16 ata o 26 de novembro. A exposición está patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa.
Esta instalación ten como principal obxectivo ir máis alá da campaña, e amosar a realidade das situacións de violencia contra as mulleres que se dan na nosa sociedade. A mostra, formada por un triángulo completamente negro de 1224 x 918 x 918 cm por 280 cm de alto, contén a información necesaria para contextualizar e explicar a orixe e as diferentes formas da violencia contra as mulleres.
Trátase tamén de incluír unha información detallada e rigorosa cunha metodoloxía de sensibilización activa de maneira que as persoas que se acheguen á exposición En negro contra as violencias poidan interactuar e afianzar unha conciencia crítica contra as violencias machistas.. Para mais información consultar a web da campaña: http://ennegrocontraasviolencias.gal/
O 25 de novembro é o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, polo que o alumnado fixo un cartel en español, árabe, inglés e galego co seguinte texto:
“Quérote sen violencia…cando:
- Confío en ti.
- Respétote e valórote.
- Fáloche sen ofensas e en ton axeitado.
- Motívote e apóiote para que acades as túas metas.
- Agradézoche as cousas que fas por min e polos demais.
- Respeto a túa liberdade individual.
- Non necesito controlar a túa vida.
- Empatizo coas túas ideas.
- Valórote mais alá do material
- Quero o mellor para ti e verte feliz”
Dentro do programa Mocidade con Emprego fomentamos a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
O programa Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e Garantía Xuvenil